Estamos todos os mércores do ano, entre as 19:00 horas e as 22:00
horas, no Centro Social A Esmorga: Rúa Telleira 9, 32004, Ourense
(Zona Universitaria)
Categorías
Receitas Propias
Busqueda no Web
|
|
|
|
QUE É SEMENTE?
Semente somos un conxunto de persoas que nos xuntamos debido ao noso interese común en torno á agroecoloxía. Como consumidoras de alimentos que somos, buscamos que os productos que mercamos sexan saudábeis para o noso corpo e tamén para a nosa terra, pero tamén contribuímos co compromiso a crear un vínculo máis estreito coas persoas que cultivan os alimentos que entre todas compartimos, axundando a manter vivo o noso rural a través desta dinamización local. Para nós é vital saber que a xente que vive do campo pode levar umha vida digna co seu traballo, e que ese traballo está valorado non só económicamente. Ao mesmo tempo, deixamos de mercar en grandes superficies e hipermercados, onde non coñecemos quen produce todo o que alí se vende e onde non temos garantías de que se esté tendo en conta a nosa saúde á hora de producir alimentos. Somos conscientes de que no mundo no que vivimos se busca o máximo beneficio económico na maioría procesos de compra-venta, pero este proxecto tenta deixar de lado esta premisa económica e centrarse máis no compromiso coa xustiza social e ecolóxica. COMO NOS ORGANIZAMOS? Todas as semanas, facemos un encargo conxunto de cestas (caixas con productos de horta de temporada) e as agricultoras tráennolas a Ourense (Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, zona universitaria) no día sinalado por todas nós. E nesa data, as persoas que encargaron as súas cestas van a recollelas e as levan para casa. Non facemos pedidos de productos de forma persoal, e gústanos que as agricultoras nos sorprendan semana a semana con todo aquelo que poden cultivar segundo a época do ano. O custe da cesta é de 10€ e o pago faise por adiantado. De forma paralela, tamén facemos pedidos de pan (á panadería do Agro do Páramo) e de lácteos (Arqueixal), así como conservas (Amorodo). Todos eles fanse dun xeito similar ao das cestas. Ao longo de todo o ano, tamén nos organizamos para facer pedidos concretos de aceite (tanto de oliva como de xirasol, todos eles ecolóxicos), de pasta e legumes, de productos de comercio xusto, e de todos aqueles productos que nos parezan interesantes e que demandemos. Para ir rematando, en Semente ningunha das súas socias recibe cartos polo traballo que facemos nin nos adicamos profesionalmente a isto. O noso traballo na xestión dos pedidos é voluntario e polo tanto tentamos organizarnos e repartirnos as tarefas entre todas. Para formar parte de Semente non tes mais que escribirnos ao noso correo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla . Tamén te podes achegar calquera mércores do ano, polo Centro Social A Esmorga (rúa Telleira, nº 9, zona Universitaria),: alí estaremos dende as 19:00 ate as 22:00 horas. Nós estaremos encantadas de que formes parte do noso proxecto, porque significará que seguimos medrando e que cada día, Ourense ten un consumo alimentario máis xusto. |














