Onde estamos


Despois do peche d'A Esmorga (a cal agradecemos o apoio destes anos!) durante a primaveira de 2011, Semente realizou unha búsqueda de local para continuar coa súa actividade.

Tras un par de intentos, parece que finalmente nos asentamos no Sem Um Cam que se atopa na rúa do Vilar nº 9, baixo (Zona Vella da cidade). Lembra que só estamos os mércores de 20:00 a 21:00 horas!

Atópanos mirando o mapa

Como Funcionamos


Definímonos como grupo de consumo responsable, o que quere dicir que realizamos o noso consumo seguindo unha serie de criterios éticos.

Ademais, o colectivo require certa organización para poder funcionar adecuadamente, de forma que todas as persoas que forman parte de Semente adquiren uns compromisos co grupo.

Lee máis acerca do noso funcionamento

Quen Somos


Semente somos un grupo de persoas que nos xuntamos debido ao noso interese común en torno á agroecoloxía. Como consumidoras de alimentos que somos, buscamos que os productos que mercamos sexan saudábeis para o noso corpo e tamén para a nosa terra, pero tamén contribuímos co compromiso a crear un vínculo máis estreito coas persoas que cultivan os alimentos que entre todas compartimos, axudando a manter vivo o noso rural a través desta dinamización local.

Para nós é vital saber que a xente que vive do campo pode levar unha vida digna co seu traballo, e que ese traballo está valorado non só económicamente. Ao mesmo tempo, deixamos de mercar en grandes superficies e hipermercados, onde non coñecemos quen produce todo o que alí se vende e onde non temos garantías de que se esté tendo en conta a nosa saúde nen a do medio á hora de producir alimentos. Somos consicentes de que no mundo no que vivimos se busca o máximo beneficio económica na maioría de procesos de compra-venta, pero este proxecto tenta deixar de lado esa premisa económica e centrarse máis no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Consumidoras e Agricultoras...

No colectivo nos xuntamos entre 30 e 40 unidades de consumo e varias agricultoras: Pilar-Eloi e Estreliña (de Porqueira, Rairiz de Veiga) e Juan (de Verín). Durante unha temporada, tamén foron agricultoras/es de Semente David e Charo.

As consumidoras somos un grupo relativamente estable de persoas. A maioría de nós non nos coñecíamos antes de que nacera o proxecto, así que tamén serviu para atoparnonos...

Ademáis deste grupo de agricultoras e consumidoras, tamén forman parte de Semente outras productoras (que non producen alimentos de horta) como Marisa (da Panadería O Agro), Xosé Luis e Rubén (de Arqueixal), Cándido (de Amorodo), etc...

A continuación publicamos unhas fotos para que nos coñezades un anaco máis!

Saramaganta

Semente está integrada no servidor para colectivos sociais galegos, Saramaganta


Facendo Rede

Semente forma parte de:






Proxectos Afins
















Banca Ética